Desenha-se nova urbanizaçom para o solar de Labanhou

Los propietarios del solar de As Percebeiras, entre la avenida de Labañou y el paseo marítimo, mantienen vivas sus intenciones de edificar en la parcela después del rechazo del Ayuntamiento a su idea original, la construcción de un rascacielos de 47 plantas y otro de 35. Las empresas y particulares que aglutinan la propiedad de la mayor parte de esos terrenos han presentado un nuevo diseño urbanístico al Ayuntamiento, lejos de sus intenciones iniciales de levantar aquellas torres junto al Millennium, de las que incluso habían llegado a desvelar su estética.
"Le hemos presentado al Ayuntamiento un nuevo diseño, con una ordenación en bloques de edificios mucho más bajos", señala uno de los promotores de esta
urbanización, que asegura que aguarda la respuesta del Gobierno local al nuevo intento de los propietarios del suelo por llevar adelante la edificación. La de As Percebeiras es la única parcela pendiente de ordenación en la fachada marítima de la ensenada del Orzán. Todavía queda otra más pendiente de edificación, la de San Roque, pero, para ella, el Ayuntamiento ya ha aprobado la construcción de dos manzanas de ocho alturas cada una.
Estas dos urbanizaciones, separadas por un par de cientos de metros, siguen una evolución similar. Las dos habían nacido en los planos como rascacielos -en As Percebeiras, por deseo de los propietarios del suelo, y en
San Roque, por iniciativa del Ayuntamiento- y empequeñecieron hasta bloques de unas ocho alturas, en ambos casos por orden de la Administración municipal.
El plan urbanístico para As Percebeiras vio la luz en octubre de 2002. Sus promotores lo hicieron público dos días después de haberlo presentado en el registro del Ayuntamiento. Su iniciativa para los 37.000 metros cuadrados de parcela, con un aprovechamiento de 78.000, incluía cinco edificios: además de las dos torres de 47 y 35 alturas, figuraban un edificio de 17 plantas y otros dos de nueve.
Al desvelar sus intenciones, la comisión gestora de As Percebeiras, que agrupaba a los mayores propietarios de suelo en la parcela, sostuvo que el proyecto resultaba "escrupulosamente respetuoso con el vigente plan de ordenación urbana".
El Ayuntamiento reaccionó entre encantado y cauteloso. El entonces alcalde, Francisco Vázquez, valoró el diseño. "Está bien", llegó a decir de una propuesta que consideró "un boceto". El que era concejal de Urbanismo en esa época, Salvador Fernández Moreda, advirtió, sin descartar inicialmente el proyecto, de que éste incumplía el Plan General de Ordenación Municipal (PGOM). Fue en marzo de 2003 cuando el edil rechazó la construcción de los rascacielos. "No se va a alterar el planeamiento porque lo propongan unos particulares; alteraremos el plan si es en beneficio de la ciudad; y esto no lo es", afirmó Salvador Fernández Moreda.
El plan vigente, en fase de revisión en la actualidad, adscribe el área de As Percebeiras a la norma zonal 3 en edificación abierta, que limita la altura máxima de los inmuebles a ocho plantas cuando no se especifique lo contrario en las fichas o en los planos del PGOM, como es el caso.
El Ayuntamiento, consultado por LA OPINIÓN, evitó ayer pronunciarse sobre la nueva propuesta de urbanización para esta zona.

www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008053100_2_194875__A-CORUNA--METRO-solar-Percebeiras-urbanizacion-rascacielos

O QUE PUIDO SER E NOM SERÁ


Fotos: opinioncoruna.es

sábado, 31 de maio de 2008

Começam a derrubar as primeiras casas para a construcçom do Parque de Morás

Os veciños afectados pola construción do que será o maior parque empresarial de Galicia xa comezaron a abandonar as súas casas para deixar paso ás escavadoras, que xa empezaron a derrubar algunha vivenda. Resolta a expropiación e adxudicadas as obras de urbanización do polígono, nuns días iniciaranse os traballos. E se todo marcha sen contratempos, a principios do próximo ano xa poderán asentarse as primeiras empresas.

As obras de urbanización foron adxudicadas a principios de mes á UTE composta por Pontes e Calzadas e Daviña, por un valor de 33,2 millóns de euros e cun prazo máximo de 15 meses e medio desde a firma do acta de reformulo (o concurso público para contratar a execución destas obras tiña un orzamento de 52,2 millóns de euros e establecía como prazo de execución 18 meses). Con todo, aínda están pendentes a designación da dirección facultativa da obra, con 719.182 euros, e a da coordinación de seguridade e saúde, por 143.836 euros.

Segundo o previsto pola Consellería de Vivenda e Solo, o terreo urbanizado será dividido en 92 parcelas. Haberá parcelas de ata 10.000 metros cadrados; de entre 10.000 e 50.000; e de entre 50.000 e 130.000. No entanto, existe a posibilidade de reorganizar o tamaño unha vez coñézanse as peticións e necesidades reais.

En canto aos gastos derivados da urbanización do polígono, a sociedade pública Xestur, polo momento, parece satisfeita. Tiña previsto unha partida de 52 millóns para a urbanización e estes traballos foron rebaixados ata os 33,2 millóns. Pero non todo serán recortes. A esa cantidade hai que sumar os 4,1 millóns que terán que utilizarse para abonar as vivendas e outros elementos situados no espazo expropiado. Os custos de urbanización -pago de proxectos, impostos ou licenzas- ascenderán a 4,9 millóns; os honorarios técnicos suporán 3,1 millóns; os custos asociados -gastos de rexistro, por exemplo-, 2,2 millóns; os gastos xerais, 5,8 millóns, e os financeiros alcanzarán os oito millóns de euros. A iso habería que engadir os 16,3 millóns para abonar as expropiacións aos veciños afectados. Sen esquecerse do fondo de reserva para futuras modificacións do gasto.

A Xunta deu a opción aos 197 veciños afectados de quedar con algunha das parcelas, pero só no caso de que presenten un proxecto empresarial solvente que terá logo que ser avaliado por Xestur e pola Consellería de Vivenda. Tamén terán que cumprir as mesmas condicións dos que compren por libre, por exemplo ter executado o proxecto nun máximo de tres anos.

Servizos

Xunto á urbanización do polígono, Xestur tamén se encargará de garantir a subministración eléctrica, coa localización dunha subestación, o acceso ao gas e ás novas tecnoloxías.

A habilitación desta primeira fase do parque empresarial, que comezará a executarse en breve, vai acompañada tamén da habilitación dun enlace directo coa Autovía do Noroeste, A-6, e coa AG-55, que une A Coruña e Carballo. A posterior ampliación do polígono dependerá do estudo de viabilidade que se realice e, xa que logo, das solicitudes de parcelas. De todos os xeitos, todo parece indicar que a petición de chan nesa área da parroquia de Morás, en Arteixo, superará con fartura á oferta inicial realizada desde Xestur. A proximidade do porto exterior de punta Langosteira e a escaseza de terreo para o asentamento de empresas en parques limítrofes empuxa a pensar nunha ampliación.

www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/05/30/0003_6862096.htm?idioma=galego

Foto: vozdegalicia.com

Arteijo cresce em 1800 vizinhos num só ano

Os concellos da área metropolitana coruñesa que experimentan maior crecemento poboacional seguen sendo Oleiros, Arteixo, Culleredo e Cambre. Todos eles viron incrementado o seu censo entre 800 e 1.800 habitantes nun ano. Así, Oleiros pasou de 31.694 a 32.500. Arteixo pasou de 27.713 en 2007 a 29.508, sendo o municipio da comarca que máis veciños sumou ao seu padrón no último ano.

Os padróns da Coruña e a súa área de influencia rexistraron un incremento de máis de 3.500 persoas no último ano. Cruzando baixadas e subidas o saldo de poboación dada de alta nos respectivos padróns ascendeu a 3.641 persoas máis.

Estas cifras demostran, en termos xerais, unha notable tendencia, concentrada maioritariamente ao redor dos núcleos industriais e naqueles municipios que contan cunha maior demanda de traballadores (como é o caso de Arteixo), xunto ás posibilidades de acceder a unha vivenda.

www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/05/29/0003_6860438.htm?idioma=galego

Foto: Skyscrapercity.com

Área Metropolitana da Corunha situa-se à cabeça da Galiza em crescimento populacional

O Concello coruñés di que a data de 1 de xaneiro do 2008 tiña un total de 247.027 habitantes. O Instituto Nacional de Estatística lévalle a contraria e segundo os seus estudos o censo non superou as 245.022 persoas. A guerra de cifras está servida e o Concello non quere perder. Nin a guerra nin un só habitante. Esa diferencia de dous mil persoas supón diñeiro para as arcas municipais, pois o financiamento local vai en función do número de veciños. E dous mil son moitos; tantos, como o número total de residentes que ten todo un municipio como Aranga.

Nin Concello nin INE queren dar o brazo a torcer. O primeiro recorrerá os números que manexa o organismo público de estatísticas. Desde María Pita asegúrase que se teñen contabilizadas todas as altas e as baixas producidas na cidade e que conta con soportes informáticos que demostran que os seus datos son reais. O mesmo argumento manexa o INE.

Diferenzas

Non son poucos os casos en que un concello discrepa da cifra oficial achegada polo organismo que se encarga das estatísticas. De feito, as coincidencias son a excepción. Os seus métodos non son iguais e a súa finalidade tampouco. O censo de poboación ten carácter estatístico e o seu obxectivo é proporcionar información sobre o número e a distribución das principais características demográficas e sociais respectando sempre o segredo estatístico. Pola súa banda, a finalidade do Padrón é puramente administrativa, acreditar a residencia nun domicilio, e os seus datos son, xa que logo, de carácter nominal.

Cando censo e padrón municipal chocan, os concellos poden coller dous camiños. Ou quedar coa cifra do INE ou recorrela. Isto é o que fixeron os responsables do padrón en María Pita.

Sexan 245.022 ou 247.027, A Coruña creceu. De feito, desde 1991 a cidade nunca excedera a barreira dos 245.000. A última década foi pésima, sendo a perda de habitantes o pan noso de cada ano. Tanto é así, que no 2001 chegouse a baixar dos 240.000. Desde entón, as cifras oscilaron entre 242.000 e 244.388, cidadáns contabilizados o 1 de xaneiro do 2007.

Galicia

Desde o Concello afírmase que todo o que non sexa perder poboación é bo. Pero se as cifras coruñesas compáranse coas que manexan as outras seis grandes cidades galegas, xorde o pesimismo. Fóra de Ourense e Ferrol -as únicas urbes que perderon poboación con respecto ao 2007-, A Coruña é a que menos incrementou o seu censo, con en 0,1 por cento. Moi lonxe do 2,8 por cento de Lugo, que pasou de 91.158 a 93.853, superando a Santiago, que a pesar dunha subida do 1,4 por cento, queda en 93.712 veciños. Pontevedra tamén experimentou unha forte subida -2,7 por cento-, situando o seu padrón en 80.202. A última da lista é Ferrol, que perdeu un 4,5 por cento da súa poboación (75.181 veciños).

Cifras aparte, o INE presentou a publicación España en cifras, na que achega algúns datos de interese da Coruña. Así, o 51,9 por cento do seu censo son mulleres, o 2,5 son estranxeiros, a taxa de natalidade está no 8,08 por mil habitantes e a de mortalidade elévase a 10,25. O número medio de fillos é de 1,04. Os datos económicos que achega afástanse no tempo. Así, o PIB por habitantes refírese a 2005 e sitúao en 18.026 euros. O número de empresas en 2007 era de 82.873. En canto a traballadores, o paro fíxao no 5,8 por cento da poboación.

www.lavozdegalicia.es/corunha/437idioma=galego

Foto: Corunopolis.com

Associaçom corunhesa denunciará a membros do PSOE por manter simbologia franquista na nossa cidade

Unha asociación denunciará a Solbes, Álvarez, Chacón e Losada pola existencia de escudos franquistas.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentará mañá no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha denuncia contra o alcalde da cidade e os ministros de Economía, Fomento e Defensa pola existencia de escudos franquistas en edificios públicos da súa responsabilidade.

A denuncia, dirixida á Fiscalía, demanda que se inicien as actuacións que considere oportunas para «determinar as responsabilidades polo incumprimento» por parte destas administracións da Lei 33/1981 para a eliminación dos escudos franquistas, así como do Real Decreto 2964/1981, que recolle o modelo oficial do escudo de España.

Desde a Comisión argumentan que en devandita lei, nunha disposición transitoria, indícase que lvos distintos organismos públicos que utilicen o escudo de España disporán dun prazo máximo de tres anos para substituír o escudo, algo que non se cambiou nalgúns edificios públicos das administracións denunciadas, precisou.

Como exemplos destes incumprimentos inclúen na súa demanda o Palacio de María Pita na Coruña, onde permanece un escudo franquista na vidreira da escaleira principal e os escudos do cuartel de Atocha, Correos , Comandancia Militar de Marina e Aduana, na cidade herculina.

www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/05/29/000dioma=galego
www.memoriadacoruna.com/

quinta-feira, 29 de maio de 2008

Centro comercial 'El Bulevar' do Papagaio abrirá antes do verão

O centro comercial 'El Bulevar' abrirá as suas portas presumivelmente antes do verão na zona do Papagaio, onde se está a desenvolver toda uma urbanizaçom de luxo, que deslocou a marginalidade a outras zonas da cidade. Onde antes havia prostitutas e toxicómanos, agora poderemos atopar firmas de prestígio internacional como Versace ou Calvin Klein.
Todo estará situado dentro duma macro-operaçom urbanística, que inclue vivendas de luxo, um centro comercial de 11.545 m2, oficinas e um parking de 970, que resultou ser o mais profundo de toda a Península.


http://elpapagayo.blogspot.com/
www.elbulevarlahistoria.com

sexta-feira, 23 de maio de 2008

Vídeo da candidatura da Torre de Hércules a património da humanidade pola UNESCO



A Conselharia de Cultura e Desporto do Governo Galego, dirigida pela corunhesa Ângela Bugalho, disponibilizou o vídeo da candidatura a património da humanidade pola UNESCO da Torre de Hércules.

Corunha reivindica-se como 'cidade galega'

A galeguidade da Coruña e mesmo a súa raigame fondamente galeguista, histórica e socialmente, é algo que debería quedar fóra de calquera dúbida ou debate. Ou así é até que nas últimas tres décadas unha serie de actuacións políticas construíron "unha versión distorsionada da cidade e dos seus habitantes", en palabras de Pepe Barro, que a través da Asociación de Veciños da Zona Vella da Coruña, é un dos promotores do Cortexo Cívico que dende hai cinco anos percorre as rúas do barrio.

Nesta ocasión, o cortexo cívico terá un cariz medieval, celebrando os 800 anos da cidade e lembrando a Roi Xordo, líder irmandiño soterrado na Colexiata de Santa María do Campo. O roteiro rematará no agro da Colexiata, onde Domingos Merino (primeiro alcalde democrático da cidade despois da ditadura) lerá catro actas das xuntanzas que na Idade Media mantiñan neste lugar os habitantes da cidade para decidir os asuntos públicos. Son as únicas que se conservan, escritas evidentemente en galego, e dan conta, en palabras de Pepe Barro, da tradición democrática da Coruña, "única cidade do país libre de señores no medievo".

O roteiro, que o pasado ano xuntou unhas mil persoas, comezará ás 11.30 na praza de María Pita e percorrerá a Igrexa de Santiago, a rúa Afonso VIII, Capitanía, Porta de Santo André, Casa de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, Rúa da Sinagoga e, contra as dúas da tarde, a Colexiata. En cada unha das estacións deste cortexo cívico, distintos veciños da Cidade Vella presentarán a importancia dos lugares polos que discorra o percorrido, e falarán das persoas que viviron ou traballaron alí.

Participarán, entre outros, Justo Beramendi, Cándido Pazó, Manuel Cao (Patrón Maior da Confraría de Pescadores da Coruña), Uqui Permui (Presidenta da Asociación de Deseñadores Galegos) e varios conxuntos musicais. Entre eles destacan a Fernando Llorca Ensemble, que presentará unha peza composta para a ocasión, e a actuación do Mago Antón, que en tres minutos e a través da maxia, explicará a orixe da bandeira galega.

No acto final, no agro da Colexiata, intervirá tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, que a través do teléfono móbil (o sábado participará nos actos da Academia en Vigo), lerá para todos os asistentes o seu poema Roi Xordo.

www.vieiros.com/nova/66557/a-coruna-reivindicase-como-cidade-galega

sábado, 17 de maio de 2008

Adjudicadas as obras de urbanizaçom, aceso e serviços exteriores do Parque de Morás

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 33.262.750 € as obras de Urbanización, accesos e servizos exteriores do Parque de Actividades Económicas de Arteixo. A adxudicataria, a Unión Temporal de Empresas formada por Puentes y Calzadas e Daviña deberán executar os traballos no prazo de 15 meses e medio desde a sinatura da acta de replanteo.

A Consellería convocou o concurso público para contratar a execución destes traballos o pasado 24 de xaneiro cun orzamento de licitación de 52,2 millóns de euros e un prazo máximo de execución de 18 meses. A este procedemento de contratación presentaron as súas propostas 25 empresas.

Por outra banda, están en proceso de adxudicación a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde. A Consellería de Vivenda e Solo convocou o pasado mes de abril os concursos públicos para a contratación da Dirección facultativa da obra por 719.182 € e para a Coordinación de seguridade e saúde por 143.836 €.

O futuro Parque Empresarial de Arteixo terá unha superficie de 1.479.762 metros cadrados, aínda que a Consellería prevé unha ampliación ata un total de 5 millóns de metros cadrados, decisión que se adoptará en función do resultado do estudio de viabilidade, que se está elaborando e que estará listo nas próximas semanas.

Este parque ten unha situación estratéxica dentro da área metropolitana da Coruña, próximo ao futuro porto exterior e polígono industrial de Sabón. Ademais, está perto das principais vías de comunicación do norte de Galicia: a A-9 que conecta Ferrol con Vigo, a A-6 dirección Madrid e a autovía A Coruña-Carballo.

O Parque Empresarial de Arteixo terá 949.686 metros cadrados de superficie empresarial dos que resultarán 92 parcelas de tres tipos, parcelas de ata 10.000 metros cadrados, parcelas entre 10.000 e 50.000 metros cadrados e parcelas entre 50.000 e 130.182 metros cadrados. A ordenación do ámbito inclúe un enlace directo coa Autovía do Noroeste A-6 e a Autovía A Coruña-Carballo.



wwww.conselleriavivenda.xunta.es/web/comunicacion/detall..oticia_0318.html

quinta-feira, 15 de maio de 2008

Centro Comercial Marineda Plaza estará rematado para 2010

'Marineda Plaza, cidade de compras e de ocio' é o nome do que será o complexo integrado de maior superficie comercial de España e un dos máis importantes de Europa que abrirá as súas portas na Coruña na primavera de 2010.

Promovida por Invest Cos, sociedade integrada polos empresarios Manuel Jove, presidente de Inveravante; José Collazo, de Comar, e José Souto, titular do Grupo Tecam, Marineda Plaza terá máis de 500.000 metros cadrados construídos e 191.000 de superficie bruta alquilable (SBA).

O complexo, que foi presentado hoxe na Coruña por José Souto, e as obras do cal darán comezo ao longo do mes de marzo, contará cunha inversión de 400 millóns de euros e aspira a converterse nun "polo de atracción comercial e de ocio para toda Galicia tanto pola súa oferta, con sinaturas nacionais e internacionais de primeiro nivel, como pola súa situación", segundo comentou Souto.

Polo seu volume, os seus promotores calculan que a súa posta en marcha suporá a creación de máis de 4.500 postos de traballo directos e 8.000 indirectos, mentres que as previsións de afluencia de visitantes ao ano se sitúan en 15 millóns. O complexo disporá de 6.700 prazas de aparcamento e de liñas de autobuses co centro A Coruña.

COMPOSICIÓN.

Marineda Plaza, situada na Grela, estruturarase en torno a unha gran praza central ao aire libre de 14.000 metros cadrados, sobre a que xira todo o complexo. Ao seu arredor, situaranse as fachadas do complexo, que se verán potenciadas coa existencia de paneis audiovisuais e dunha pantalla xigante, que permitirá a visualización de acontecementos deportivos e culturais.

Esta cidade de compras, contará nas súas instalacións coa primeira tenda de Ikea de Galicia, cunha superficie comercial de 30.000 metros cadrados, repartidos en dúas plantas destinadas a sala de vendas e tres de parking e empregará unhas 500 persoas.

Ademais, contará con El Corte Inglés e Hipercor e un hotel de catro estrelas. A empresa que preside Isidoro Álvarez abrirá en Marineda Plaza o que será o segundo El Corte Inglés da provincia e o primeiro Hipercor da cidade. En total, ocupará unha superficie de 45.000 metros cadrados (SBA) e xerará 800 postos de traballo.

Coa excepción das parcelas ocupadas por El Corte Inglés e Ikea a comercialización de Marineda Plaza, cidade de compras e ocio estase a levar a cabo baixo a fórmula do aluguer e atópase xa moi avanzada.

www.europapress.es/00057/20080221192302/centro-co..2010-nangles-ikea.html

Corunha atraerá num mês 6.000 congresistas

En tan sólo un mes A Coruña recibirá a más de 6.000 personas entre congresistas y acompañantes, que se distribuirán en cinco eventos. De ellos cuales el más numeroso será el Internacional de Prevención de Riesgos Laborales, que reunirá a cerca de dos mil personas, y que será inaugurado hoy.

Todo los eventos tendrán lugar en Palexco, donde también tendrán cabida pequeñas jornadas de presentación y formación, así como el concierto Festival Folk Cancioneiro.

Promoción

La actividad generada por los eventos de Palexco repercute en la vida de la ciudad, donde se calcula que a diario cada visitante realizan un desembolso superior a los 200 euros.

Para intensificar la realización de eventos de este carácter, Palexco realizarán una campaña promocional a través de un stand situado en el aeropuerto de Alvedro.

www.adn.es/local/acoruna/20080514/NWS-0283-visitantes-congresos-atraeran-mes.html

Os debuxos de Castelão, expostos na Corunha

As obras foron publicadas entre os anos 1922 e 1924 no xornal Galicia, fundado en Vigo por Losada Diéguez, Ernesto Cádiz e Valentín Paz Andrade. Castelao colaborara en cabeceiras como Galiza Moza, Gaceta de Galicia, Nós, A Nosa Terra, El Noroeste ou as madrileñas Vida Gallega e El Sol (canda Ortega y Gasset e Urgoit), así como en La Voz de Galicia e Suevia, de Bos Aires, e nese tempo acumulou experiencia e chegou a formularse unha dura autocrítica.

Ao final deste período asume que o humor gráfico xa non lle servirá para ridiculizar aos políticos da cort , e decide investir os seus esforzos en recoller a sabedoría do seu pobo e devolverlla peneirada pola retranca, para incitar á rebelión contra o poder, a ignorancia e a inxustiza que o somete. Nace, daquela, Cousas, como continuación de Simbolismos, Leria, Leria do Agro, Cousas de nenos ou Cousas de labregos.

Ao comezo chamounas simplemente Caricaturas de Castelao, pero dunha das súas caricaturas xorde Cousas da vida, do diálogo: un labrego dille a outro que ten un bacoriño nos brazos "Primeiro das-lle a boa vida e dispois máta-lo e cóme-lo", e contéstalle o outro "Ti que qués? Cousas da vida". Nesta serie, deféndese a caricatura cun valor fundamentalmente ético e identifica a verdade coa beleza. Os seus debuxos foron vixiados e moitos deles marcados polo selo da censura do Goberno Militar de Vigo.

Amais, as Cousas da vida están fondamente vencelladas á nosa cultura oral: a vida cotiá, o humor, nado de contraposicións como a do mundo infantil co adulto, a aldea e a vila, ou o enxeño e a ignorancia. Cando pechou Galicia, incorpórase ao Faro de Vigo e traballa aló entre o 1930 e 1932. Nestes dous anos rexístranse 348 Cousas da vida.

www.anosaterra.org/nova/os-debuxos-de-castelao-expostos-na-corua-.html

A Corunha, faro da Galiza

O escudo de armas da cidade brigantina é un dos máis antigos do Reino de Galicia. En todas as representacións conservadas desde o século XV, o característico Farum Brigantium ou Torre de Hércules é sempre o elemento central do escudo coruñés.

O Farum Brigantium é o único faro do mundo con máis de dous milenios de historia en funcionamento. O faro xa existía na época celta para guiar o tráfico comercial atlántico, e sobre aquel tempo referiuse o Lebor Gabala Erenn irlandés do séc.XI afirmando que o rei Breogán construira unha torre alta en Brigantia desde onde albiscaron a illa de Irlanda e decidiron ir poboala. Na Idade Media o faro coruñés seguiu recibindo o nome de "Farum Brigantium" ou "Farum", e no séc.XX adoptouse o actual nome de Torre de Hércules a partir dun conto sobre o heroe grego incluido na Cronica General do rei castelán Afonso X.

A representación moderna do escudo coruñés consta do faro brigantino, en prata, erguido sobre unha pena, de prata, onde repousan unhas tibias e caveira, de prata, coroada cunha coroa de ouro. O faro está acompañado por sete vieiras douradas, tres a cada beira e unha baixo da pena. O campo é de cor azur, igual que as Armas do Reino de Galicia.

Nalgúns contextos institucionais, o Concello da Coruña superpón o Escudo sobre un pano de cor vermella escura azulada como representación da súa dependencia do poder Real.

Para o uso civil, e seguindo a vexiloloxía europea, amplíase o campo do Escudo ao campo da Bandeira, incluíndo neste os elementos tradicionais do escudo brigantino:
- A representación gráfica do Farum Brigantium.
- Tres vieiras douradas acompañando ao Farum a cada beira, e unha máis baixo del.
- A cabeza dun rei, coa súa coroa, repousando baixo o Faro.
- O campo de cor Azur, que é a cor do Reino de Galicia, do cal A Cruña é unha das súas cidades históricas, como lembra o edificio do Concello: "Cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".

www.bandeiragalega.com/comarca/coruna.htm

Contactar

corunhametropolitana@hotmail.com

 
Corunha e AM - Contactar: corunhametropolitana@hotmail.com