'Marineda Plaza, cidade de compras e de ocio' é o nome do que será o complexo integrado de maior superficie comercial de España e un dos máis importantes de Europa que abrirá as súas portas na Coruña na primavera de 2010.
Promovida por Invest Cos, sociedade integrada polos empresarios Manuel Jove, presidente de Inveravante; José Collazo, de Comar, e José Souto, titular do Grupo Tecam, Marineda Plaza terá máis de 500.000 metros cadrados construídos e 191.000 de superficie bruta alquilable (SBA).
O complexo, que foi presentado hoxe na Coruña por José Souto, e as obras do cal darán comezo ao longo do mes de marzo, contará cunha inversión de 400 millóns de euros e aspira a converterse nun "polo de atracción comercial e de ocio para toda Galicia tanto pola súa oferta, con sinaturas nacionais e internacionais de primeiro nivel, como pola súa situación", segundo comentou Souto.
Polo seu volume, os seus promotores calculan que a súa posta en marcha suporá a creación de máis de 4.500 postos de traballo directos e 8.000 indirectos, mentres que as previsións de afluencia de visitantes ao ano se sitúan en 15 millóns. O complexo disporá de 6.700 prazas de aparcamento e de liñas de autobuses co centro A Coruña.
COMPOSICIÓN.
Marineda Plaza, situada na Grela, estruturarase en torno a unha gran praza central ao aire libre de 14.000 metros cadrados, sobre a que xira todo o complexo. Ao seu arredor, situaranse as fachadas do complexo, que se verán potenciadas coa existencia de paneis audiovisuais e dunha pantalla xigante, que permitirá a visualización de acontecementos deportivos e culturais.
Esta cidade de compras, contará nas súas instalacións coa primeira tenda de Ikea de Galicia, cunha superficie comercial de 30.000 metros cadrados, repartidos en dúas plantas destinadas a sala de vendas e tres de parking e empregará unhas 500 persoas.
Ademais, contará con El Corte Inglés e Hipercor e un hotel de catro estrelas. A empresa que preside Isidoro Álvarez abrirá en Marineda Plaza o que será o segundo El Corte Inglés da provincia e o primeiro Hipercor da cidade. En total, ocupará unha superficie de 45.000 metros cadrados (SBA) e xerará 800 postos de traballo.
Coa excepción das parcelas ocupadas por El Corte Inglés e Ikea a comercialización de Marineda Plaza, cidade de compras e ocio estase a levar a cabo baixo a fórmula do aluguer e atópase xa moi avanzada.
www.europapress.es/00057/20080221192302/centro-co..2010-nangles-ikea.html
Centro Comercial Marineda Plaza estará rematado para 2010
Publicado por CorunhaMetropolitana en 03:31
Feed (RSS)
0 Comments:
Post a Comment