A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 33.262.750 € as obras de Urbanización, accesos e servizos exteriores do Parque de Actividades Económicas de Arteixo. A adxudicataria, a Unión Temporal de Empresas formada por Puentes y Calzadas e Daviña deberán executar os traballos no prazo de 15 meses e medio desde a sinatura da acta de replanteo.
A Consellería convocou o concurso público para contratar a execución destes traballos o pasado 24 de xaneiro cun orzamento de licitación de 52,2 millóns de euros e un prazo máximo de execución de 18 meses. A este procedemento de contratación presentaron as súas propostas 25 empresas.
Por outra banda, están en proceso de adxudicación a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde. A Consellería de Vivenda e Solo convocou o pasado mes de abril os concursos públicos para a contratación da Dirección facultativa da obra por 719.182 € e para a Coordinación de seguridade e saúde por 143.836 €.
O futuro Parque Empresarial de Arteixo terá unha superficie de 1.479.762 metros cadrados, aínda que a Consellería prevé unha ampliación ata un total de 5 millóns de metros cadrados, decisión que se adoptará en función do resultado do estudio de viabilidade, que se está elaborando e que estará listo nas próximas semanas.
Este parque ten unha situación estratéxica dentro da área metropolitana da Coruña, próximo ao futuro porto exterior e polígono industrial de Sabón. Ademais, está perto das principais vías de comunicación do norte de Galicia: a A-9 que conecta Ferrol con Vigo, a A-6 dirección Madrid e a autovía A Coruña-Carballo.
O Parque Empresarial de Arteixo terá 949.686 metros cadrados de superficie empresarial dos que resultarán 92 parcelas de tres tipos, parcelas de ata 10.000 metros cadrados, parcelas entre 10.000 e 50.000 metros cadrados e parcelas entre 50.000 e 130.182 metros cadrados. A ordenación do ámbito inclúe un enlace directo coa Autovía do Noroeste A-6 e a Autovía A Coruña-Carballo.
wwww.conselleriavivenda.xunta.es/web/comunicacion/detall..oticia_0318.html
Adjudicadas as obras de urbanizaçom, aceso e serviços exteriores do Parque de Morás
Publicado por CorunhaMetropolitana en 18:32
Feed (RSS)
0 Comments:
Post a Comment