A Corunha, faro da Galiza

O escudo de armas da cidade brigantina é un dos máis antigos do Reino de Galicia. En todas as representacións conservadas desde o século XV, o característico Farum Brigantium ou Torre de Hércules é sempre o elemento central do escudo coruñés.

O Farum Brigantium é o único faro do mundo con máis de dous milenios de historia en funcionamento. O faro xa existía na época celta para guiar o tráfico comercial atlántico, e sobre aquel tempo referiuse o Lebor Gabala Erenn irlandés do séc.XI afirmando que o rei Breogán construira unha torre alta en Brigantia desde onde albiscaron a illa de Irlanda e decidiron ir poboala. Na Idade Media o faro coruñés seguiu recibindo o nome de "Farum Brigantium" ou "Farum", e no séc.XX adoptouse o actual nome de Torre de Hércules a partir dun conto sobre o heroe grego incluido na Cronica General do rei castelán Afonso X.

A representación moderna do escudo coruñés consta do faro brigantino, en prata, erguido sobre unha pena, de prata, onde repousan unhas tibias e caveira, de prata, coroada cunha coroa de ouro. O faro está acompañado por sete vieiras douradas, tres a cada beira e unha baixo da pena. O campo é de cor azur, igual que as Armas do Reino de Galicia.

Nalgúns contextos institucionais, o Concello da Coruña superpón o Escudo sobre un pano de cor vermella escura azulada como representación da súa dependencia do poder Real.

Para o uso civil, e seguindo a vexiloloxía europea, amplíase o campo do Escudo ao campo da Bandeira, incluíndo neste os elementos tradicionais do escudo brigantino:
- A representación gráfica do Farum Brigantium.
- Tres vieiras douradas acompañando ao Farum a cada beira, e unha máis baixo del.
- A cabeza dun rei, coa súa coroa, repousando baixo o Faro.
- O campo de cor Azur, que é a cor do Reino de Galicia, do cal A Cruña é unha das súas cidades históricas, como lembra o edificio do Concello: "Cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".

www.bandeiragalega.com/comarca/coruna.htm

quinta-feira, 15 de maio de 2008

0 Comments:

 
Corunha e AM - Contactar: corunhametropolitana@hotmail.com